O Concello de Sada esixe á Xunta a recuperación das liñas de bus de hai un mes

ACoruñaXa
Os erráticos cambios realizados nas últimas semanas, corrixidos xa en dúas ocasións, seguen sen solucionar o problema de fondo, tal e como denunciou no seu momento o Concello
autobus-transporte
Imaxe de arquivo
29 Xul 2024

O Concello de Sada reclama novamente á Xunta de Galicia que atenda as demandas da veciñanza de Veigue e Carnoedo e recupere por completo os servizos de transporte público suprimidos hai un mes. "Desde o Concello de Sada instamos á Xunta de Galicia, á Dirección Xeral de Mobilidade, que senten a falar co executivo local e cos usuarios afectados para coñecer de primeira man cales poderían ser as solucións a este problema xerado polo goberno galego".

"Desde o Concello de Sada insistimos novamente en que a principal solución pasa por recuperar por completo as frecuencias e horarios existentes ata hai un mes". "A partir de aí, desde o Concello de Sada poñémonos a disposición do goberno galego para construír una alternativa que priorice o servizo público e as demandas veciñais". O alcalde de Sada, Benito Portela, remitiu un escrito á Consellería de Presidencia solicitando un encontro a este respecto e reclamando a recuperación dos servizos suprimidos.

O goberno galego “reforza” dende hoxe o servizo para atender a demanda en horas punta, o que semella unha tomadura de pelo ós usuarios. "Dende o goberno local entendemos que é inconcibible falar de reforzos cando previamente suprimes frecuencias e horarios. Namentres, chegar dende Sada á Coruña supón, como mínimo, unha hora de viaxe".

"Por outra banda, lamentamos que ata o de agora o goberno galego non tivera comunicado de forma oficial ningún cambio ó executivo de Benito Portela". "Dende o goberno local xa fixemos o traballo que polo de agora desatendeu a Xunta de Galicia: atendemos ós usuarios afectados, recollemos as súas queixas e sinaturas e transmitimos o noso apoio a cantas iniciativas sexan necesarias para recuperar os servizos suprimidos". "Ademais, o goberno local estará presente na constitución dunha plataforma en defensa do transporte publico na nosa comarca este vindeiro venres 2 de agosto na Capela de San Roque".

"Sada precisa dun transporte público eficiente e a Xunta de Galicia está obrigada a prestalo".

0.19871401786804