O Concello de Sada apoia as mobilizacións de Queremos Galego en defensa da lingua

O Goberno local de Sada reafirma o seu compromiso coa defensa da lingua galega e sumouse ás mobilizacións promovidas pola plataforma Queremos Galego. Como mostra de apoio, instalouse unha pancarta na fachada do edificio administrativo do Concello, chamando á participación cidadá na manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o próximo 23 de febreiro baixo o lema "Lingua vital xa!".
A mobilización, convocada para o Día de Rosalía de Castro, busca transformar a situación de emerxencia lingüística nunha forza de recuperación e revitalización do galego.
Dende o Concello de Sada, queren expresar o seu respaldo a esta iniciativa e animan á veciñanza a sumarse á manifestación en Compostela, reivindicando o dereito a unha lingua viva e con futuro.