O Concello de Sada anuncia que o cambio de circulación en Riovao xa é efectivo

ACoruñaXa
Entra así en vigor o novo sentido único na estrada DP-7509, entre A Chaburra e o cruce das estradas DP-7509 e DP-7503
sada-corte
4 Apr 2025

Desde este xoves, 3 de abril, entrou en vigor o novo sentido único na estrada DP-7509, coñecida como Camiño de Riovao, entre A Chaburra e o cruce das estradas DP-7509 e DP-7503, coñecido como o cruce do lavadoiro. Como consecuencia deste cambio, queda prohibido o acceso ao Camiño de Riovao dende este último punto.

Persoal do departamento de Obras e Servizos encargouse de instalar e pintar a nova sinalización para garantir unha correcta adaptación á nova normativa viaria. Unha vez completada a instalación, o cambio fíxose efectivo, mellorando a organización do tráfico na zona.

Dende o Concello de Sada agradeceron a colaboración da veciñanza e anticiparon desculpas polas posibles molestias derivadas da implantación do novo sentido de circulación. Non obstante, recalcan que esta medida responde a unha demanda veciñal histórica e busca mellorar a seguridade viaria no núcleo de Riovao.

⚙ Configurar cookies
0.16968393325806