O Concello de Paderne denuncia vertidos incontrolados en varias zonas do municipio

ACoruñaXa
Os vertidos afectan ás zonas de Chantada, Insua e na estrada que une Porto con Velouzás e a situación xa está sendo investigada
vertidos-paderne
4 Dec 2025

O Concello de Paderne presentou este mércores unha denuncia ante a Garda Civil pola presenza de vertidos incontrolados en diferentes puntos do municipio, concretamente en Chantada, Insua e na estrada que une Porto con Velouzás. A Garda Civil, a través do Seprona, xa está a investigar estes feitos e agradece a colaboración da veciñanza para facilitar calquera información que poida axudar nas pescudas.

Nos lugares afectados, explican, poden atoparse materiais de todo tipo, como colchóns, sacos con refugallos de obra, mobles, listóns, restos de madeira e anacos de formigón de grandes dimensións. Estes vertidos representan un perigo para o ecosistema e tamén para as persoas que transitan por estas vías a diario.

O Concello recorda que estes espazos están debidamente sinalizados e non son lugares autorizados para depositar este tipo de residuos, que ademais supoñen un importante custo económico para as arcas municipais.

A situación, denuncia o alcalde, non e nova, senón que “isto vén sucedendo desde hai meses”. Adeemais, expica, “segundo me apuntan, hai varias liñas de investigación abertas e algunha xa está bastante avanzada de cara a saber quen son as persoas implicadas. Aínda que sexa máis cómodo facer isto que depositar o lixo nos espazos pertinentes, temos que seguir loitando contra unhas accións que son prexudiciais para o medio, para a seguridade viaria e tamén xeran déficit para a Administración pública”.

⚙ Configurar cookies
0.074996948242188