O Concello de Paderne celebra un acto pioneiro de acollemento civil

O Concello de Paderne celebrou na Casa Consistorial un acto de acollemento civil pioneiro na súa contorna, co obxectivo de dar a benvida á comunidade ao neno Menén Rodríguez Barreiro. O evento foi oficiado polo alcalde, Sergio Platas, quen se encargou de dirixir esta iniciativa que marcou un fito na vila.
A proposta para o acto foi realizada polos proxenitores de Menén, Lara María Rodríguez e Iván Barreiro, residentes en Paderne. Neste 'bautismo laico' tamén estiveron presentes os seus padrinos, José Barreiro e Raquel Varela, quen acompañaron ao neno nesta celebración simbólica.
A través deste acto, o Concello de Paderne quixo amosar o seu apoio ás novas formas de dar a benvida aos máis pequenos á sociedade. O alcalde, en nome do concello, agradeceu a confianza depositada na institución local para levar a cabo esta celebración, que contribúe á inclusión e á diversidade na contorna comunitaria.