O Concello de Oza-Cesuras pide non estacionar nas liñas amarelas en horario do autobús escolar desde o inicio de curso

ACoruñaXa
Piden non ocupar as liñas amarelas en horario escolar para facilitar as manobras do bus e garantir a seguridade do alumnado
OZA-CESURAS aparcamiento zona amarilla
24 Sep 2025

Desde o inicio do curso escolar o Concello de Oza-Cesuras solicita a colaboración da veciñanza para garantir o correcto funcionamento do transporte escolar. A medida céntrase en evitar estacionar nas liñas amarelas situadas diante do Concello e na Sede de Oza nas franxas de entrada e saída do alumnado.

En concreto, pídese non ocupar esas liñas durante os días lectivos entre as 9.00 e as 9.30 da mañá e entre as 16.00 e as 16.30 da tarde, horarios nos que o autobús realiza as manobras para acceder, deixar e recoller ao alumnado con seguridade. O obxectivo é facilitar o acceso ordenado ao vehículo e evitar retencións ou situacións de risco na zona.

O Concello lembra que respeitar a sinalización e deixar libre o espazo contribúe a reducir accidentes, mellorar a fluidez do tráfico e protexer aos escolares. Fai un chamamento á responsabilidade cidadá e recomenda que, ante calquera dúbida ou incidencia, a veciñanza contacte cos servizos municipais.

⚙ Configurar cookies
0.091488838195801