O Concello de Oza-Cesuras inicia as actividades de tempo libre para maiores

O Concello de Oza-Cesuras abriu o prazo de inscrición para as actividades de tempo libre destinadas ás persoas maiores, que se celebrarán entre setembro de 2025 e xullo de 2026.
As actividades desenvolveranse no Centro Social de Maiores e no Museo de Bragade. Entre as propostas para os maiores atópanse manualidades, talleres de memoria e actividades de estimulación cognitiva, pensadas para favorecer a participación e o benestar deste colectivo.
As persoas interesadas poden recoller a folla de inscrición nas oficinas municipais ou descargala na web oficial do Concello (www.concellodeozacesuras.es). O prazo para entregar a inscrición remata o 1 de setembro. Para formalizar a matrícula é imprescindible estar ao día coas obrigas tributarias do Concello.