O Concello de Ordes abre o prazo para as candidaturas da V Gala do Deporte

O Concello de Ordes anunciou que o vindeiro 19 de decembro terá lugar a V Gala do Deporte. Co obxectivo de recoñecer públicamente os deportistas, equipos e adestradores máis destacados do municipio, ponse en marcha un prazo de presentación de candidaturas que estará aberto ata o 10 de novembro.
As persoas interesadas poderán acceder ao formulario de propostas a través das redes sociais municipais. Cada persoa poderá propoñer un máximo de tres candidaturas, acompañadas dos méritos e logros correspondentes, nas seguintes categorías: mellor deportista masculino e feminino (+18 anos), mellor base masculino e feminino (<18 anos), mellores deportistas da vila de Ordes, mellor equipo, mellor adestrador/a e premio excelencia deportiva Iván Raña Fuentes. A comisión avaliadora revisará todas as propostas para seleccionar os galardoados na gala. A iniciativa reflicte o compromiso do Concello coa promoción do deporte local e coa visibilización das persoas e entidades que sobresae no ámbito deportivo.