O Concello de Oleiros solicita restaurar as bases dos faros de Mera

ACoruñaXa
As entidades veciñais reclaman á Autoridade Portuaria eliminar as pintadas que afectan a este ben patrimonial
OLEIROS pintadas faros mera
17 Aug 2025

O Concello de Oleiros, a petición de varias asociacións e colectivos locais, solicitou á Autoridade Portuaria que se proceda á eliminación das pintadas que recentemente foron aplicadas nas bases dos faros de Mera. Entre os colectivos que presentaron a demanda atopanse a Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, a Comisión de Festas do Mar, a Asociación Veciñal San Antón de Dexo, a Cofradía de Santa Ana, a Agrupación Cultural A Marola, a Asociación Cultural O Amanexo, a Cofradía de Pescadores de Lorbé e a Coral Polifónica de Mera.

O alcalde subliñou que a actuación non respectou criterios de sustentabilidade ambiental nin de conservación do patrimonio, polo que o Concello solicitou que se restaure o estado orixinal das bases, tal como estaban antes dos actos vandálicos ocorridos en abril. As entidades lembran que, do mesmo xeito que non se permitiría o pintado das bases da Torre de Hércules, os faros de Mera deben recibir a mesma protección, ao estar catalogados como ben patrimonial e incluídos na lista de bens do patrimonio cultural da Xunta de Galicia.

Construídos en 1917, os faros de Mera son símbolos históricos e culturais do municipio, ademais de guías para a navegación. Ao longo do ano, centos de persoas visitan este emblemático lugar, que forma parte da identidade e do patrimonio de Oleiros.

⚙ Configurar cookies
0.17559504508972