O Concello de Oleiros reivindica a gratuidade e a transferencia a Galicia da AP9

ACoruñaXa
O Goberno local de Oleiros participará nunha iniciativa con outros concellos para realizar esta reclamación ao Estado
Imaxe dunha peaxe na AP-9
3 Mar 2025

O Concello de Oleiros reivindica a eliminación das peaxes da AP9. Así,  participará xunto coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nunha inicitiva para reclamar do Goberno de
España a supresión destas taxas, unha das máis altas do Estado.

O encontro de alcaldes e alcaldesas terá lugar o vindeiro venres 7 de marzo ao mediodía no Pazo de Raxoi. A gratuidade e a transferencia a Galicia desta importante infraestrutura viaria son reivindicacións que comparte Oleiros.

Indican desde o Goberno local que xa que na actualidade a súa financiación recae nas economías familiares de galegas e galegos, a diferencia do que ocorre noutras comunidades como as mediterráneas, xa que a AP7 liberouse hai poucos anos dese lastre con tanta incidencia na economía. Este movemento replica outros que xa están en marcha desde concellos da provincia de Pontevedra.

⚙ Configurar cookies
0.85073208808899