O Concello de Oleiros insta a extremar precaucións ante unha posible estafa telefónica

O Concello de Oleiros informa de que veciños e veciñas de Iñás lle comunicaron que recibiran unha chamada telefónica por parte dun individuo solicitando cita para analizar a calidade de auga nos seus respectivos domicilios.
Sinalan desde o Concello, que nin a corporación nin a empresa municipal de auga Aquaoleiros teñen nada que ver con estas chamadas. "Recoméndase a toda a veciñanza que extreme as precaucións ante a posibilidade de que se trate dalgún tipo de estafa ou un intento de acceder aos domicilios con outros fins delitivos", indican.