O Concello de Oleiros reclama a Naturgy a retirada dun poste que atrasa a ocupación dun edificio na rúa Fonte de Álvaro

ACoruñaXa
Segundo o goberno municipal, a infraestrutura leva oito meses pendente de ser retirada e afecta a 18 familias que tiñan previsto entrar a vivir en outubro
OLEIROS poste
29 Jan 2026

O Concello de Oleiros asegura que un poste situado no medio da rúa Fonte de Álvaro segue sen ser retirado tras oito meses desde que se solicitou a actuación, unha situación que, segundo o goberno local, está a impedir que 18 familias poidan ocupar as súas vivendas nun edificio de nova construción.

De acordo coa información trasladada polo Concello, a construtora pediu a retirada do poste e o soterramento do cableado, pero a intervención non se executou ata o momento. O executivo municipal indica que as persoas afectadas tiñan previsto entrar a vivir no inmoble en outubro e que o atraso lles está a ocasionar prexuízos, ao ter que asumir os gastos da nova vivenda e os da residencia actual.

O consistorio engade que esta demora tamén estaría a dificultar trámites como o empadroamento en Oleiros e que iso pode ter repercusións, por exemplo, nas matrículas escolares do vindeiro curso, polo que dirixiuse á compañía para solicitar a retirada urxente do poste e desbloquear a situación.

⚙ Configurar cookies
0.079172134399414