O Concello de Oleiros realiza formación para maiores de prevención de caídas
ACoruñaXa
Dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas actividades municipais de envellecemento activo

5 Feb 2025
O Concello de Oleiros realiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores. Organizará ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas actividades municipais de envellecemento activo.
Entre outras cousas, vaise informar de como prever caídas, como actuar se chega a producirse, exercicios de fortalecemento e equilibrio, creación de contornas seguras para previr caídas, recomendacións para diminuír o risco de caídas (calzado, facer exercicio…), alertar dos principais factores precipitantes...