O Concello de Oleiros oferta un curso de marcha nórdica para maiores de 65 anos
ACoruñaXa
Un curso práctico e gratuíto para iniciarse na marcha nórdica, dirixido a maiores de 65 anos en Bastiagueiro
9 Nov 2024
O Concello de Oleiros organiza unha actividade gratuíta sobre a técnica da marcha nórdica, dirixida a persoas maiores de 65 anos que participaron nas rutas de sendeirismo do programa “Ven e descobre 2024”. Esta formación permitirá aos participantes coñecer en que consiste a marcha nórdica, os seus beneficios e o equipamento necesario, a través dunha práctica nun percorrido de 5 km.
A actividade desenvolverase o sábado 23 de novembro, con dous grupos dispoñibles, un pola mañá e outro pola tarde. O itinerario comezará e rematará en Bastiagueiro.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 981 610 000 entre o 11 e o 14 de novembro.