O Concello de Oleiros esixe á Xunta a renovación urxente da instalación eléctrica do CEIP Valle Inclán

O Concello de Oleiros solicitou á Xunta de Galicia que acometa con urxencia a renovación da acometida eléctrica do CEIP Valle Inclán. O goberno local advirte que a situación actual supón un risco e podería deixar sen subministro tanto ao centro educativo como ao pavillón anexo.
Segundo indica o Concello, a canalización eléctrica presenta un notable deterioro provocado polas raíces de varias árbores, o que en días de choiva ou elevada humidade xera incidencias e perdas de enerxía. Estas interrupcións afectan ao funcionamento cotián do colexio e das instalacións deportivas.
Ante esta situación, o Concello insta á Consellería de Educación a executar a obra de inmediato. No caso de que a Xunta non poida realizala por motivos administrativos, o Concello ofrécese a asumir os traballos sempre que o Goberno autonómico garanta posteriormente o pago.
Sinalan ademais que por motivos de seguridade e para asegurar o normal funcionamento de ambos equipamentos, a actuación non pode demorarse máis.