O Concello de Arteixo dedicará 250.000 euros en promover unha actuación urbanística en Meicende
O Concello de Arteixo comezou o proceso de contratación dunha nova unidade de actuación urbanística en Meicende, tal e como se estableceu no acordo plenario aprobado o ano pasado, que contemplaba o desenvolvemento de varias actuacións urbanísticas no municipio.
A intervención abarca unha área situada entre as rúas Oviedo, Laracha e a Praza da Constitución, no centro de Meicende, xusto entre a travesía de Meicende e o campo de fútbol.
A obra afectará unha superficie de aproximadamente 7.000 metros cadrados, e está prevista a creación dunha nova rúa de 18 metros de ancho, onde se habilitará unha pequena praza. A inversión prevista polo goberno local para esta actuación ascende a 250.000 euros.
O obxectivo principal deste proxecto é mellorar a circulación nesta zona, aliviando os problemas de tráfico que se xeran especialmente polo aparcamento dos vehículos dos visitantes do campo de fútbol próximo.
Ademais da nova vía, crearánse espazos de aparcamento e ampliarase as zonas verdes, mellorando tamén a accesibilidade á Praza da Constitución e ás rúas Oviedo e Laracha.
O desenvolvemento desta nova infraestrutura contribuirá a desconxestionar o tráfico do núcleo urbano de Meicende, ofrecendo máis alternativas de circulación dentro da zona. Tamén permitirá humanizar o trazado actual, que carece de beirarrúas e espazos de aparcamento organizados. Ademais, melloraranse as infraestruturas de telecomunicacións, subministración, saneamento e iluminación na zona.