O Concello de Oleiros convoca subvencións para apoiar a deportistas internacionais e estatais

O Concello de Oleiros vén de abrir a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas locais que compiten en eventos oficiais internacionais e estatais. Con un orzamento de 12.000 euros, esta iniciativa busca axudar a cubrir os gastos derivados da participación en competicións, que moitas veces teñen que asumir os propios deportistas e as súas familias.
Para poder optar a estas axudas, os deportistas deben estar seleccionados para eventos internacionais ou ter acadado algunha das tres primeiras prazas en campionatos de España ou internacionais no período entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025. Ademais, deberán estar empadroados en Oleiros durante dous anos antes da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e contar cunha licencia federativa en vigor.
As solicitudes poden presentarse de forma presencial na Fábrica ou a través da Sede Electrónica, ata o 20 de agosto.
Desde o Concello aclárase que “queda excluído calquera evento relacionado coa caza, a pesca, as actividades a motor e a categoría de veteráns de calquera competición”. Con este programa, a administración local quere continuar fomentando o deporte e apoiando o talento dos seus deportistas, que cada ano logran importantes éxitos a nivel nacional e internacional grazas aos recursos dispoñibles nos equipamentos deportivos municipais.