Ábrese a convocatoria da decima edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros

ACoruñaXa
O Concello de Oleiros convoca a décima edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do municipio.
concello de oleiros
17 Xan 2024

O Concello de Oleiros convoca a décima edición do Premio Literario Descubrindo Oleiros, un concurso que procura a promoción da lingua e dar a coñecer espazos do municipio.

Poderán concorrer a este premio todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO, mozas e mozos de 16 e 17 anos e persoas maiores de 18 anos empadroados/as ou escolarizados/as en Oleiros. Sempre e cando os relatos presentados se axusten ao especificado nas bases da convocatoria.

Os relatos deberán estar ambientados necesariamente en Oleiros e escritos en lingua galega. Ademais de ser inéditos, que non fosen premiados en ningún outro concurso e que non estean pendentes de fallo noutros premios. Así mesmo, os escritos, presentaranse co seu título orixinal e un pseudónimo, sen ningún dato que revele a identidade do autor ou autora.

O prazo de presentación será ata o 13 de febreiro, no caso do alumnado a través dos centros de ensino ou no rexistro da Fábrica, e no caso das persoas adultas, só a través do formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Concello.

 

 

0.20665597915649