O Concello de Oleiros colabora con Solidariedade Galega nun proxecto sanitario en Chiapas

ACoruñaXa
Sete profesionais da sanidade viaxarán a México para ofrecer atención médica gratuíta ás persoas máis desfavorecidas a través desta iniciativa financiado integramente polo Concello de Oleiros
oleiros-viaxe-chiapas
1 Dec 2025

O Concello de Oleiros e Solidariedade Galega colaboran nun proxecto sanitario en Chiapas polo cal un grupo de sete profesionais da sanidade, entre eles varias veciñas de Oleiros, viaxaron desde o aeroporto da Coruña para dedicar as súas vacacións a ofrecer atención médica gratuíta ás persoas máis desfavorecidas da zona rural de Altamirano, en Chiapas (México).

A expedición está formada por dous xinecólogos, Luis Heliodoro Alba Ordás e Fátima Martínez Ordás; as cirurxiás Celsa María Fernández Blanco e Namibia Sanluis Verdes; as anestesistas Rosa María López Pérez e María Vilela Lozano; e a enfermeira Mónica María García Casás, que ademais é a responsable do proxecto. Durante dúas semanas, traballarán no Hospital San Carlos de Chiapas, onde non só realizarán intervencións e consultas, senón que tamén impartirán formación ao persoal sanitario local.

O illamento da localidade onde se atopa o hospital, explican os promotores desta iniciativa, dificulta a presenza estable de médicos, polo que a misión destes profesionais voluntarios de Solidariedade Galega cobre unha función especialmente importante para a comunidade.

Este proxecto está financiado integramente polo Concello de Oleiros, que achegou un total de 19.509,69 euros á ONG Solidariedade Galega.

⚙ Configurar cookies
0.076122999191284