O Concello de Oleiros amplía os horarios da Aula do Mar e da oficina de turismo de Santa Cristina

ACoruñaXa
Os dous edificios do Concello de Oleiros amplían os seus horarios para cubrir os meses de verán
Imaxe da oficina de turismo de Santa Cristina (Oleiros)
7 Xuño 2024

O Concello de Oleiros informa de que a Aula do Mar, situada no Faro de Mera, ten abertas as súas portas de martes a domingo de 10.00 horas a 14. oo horas horas e de 16.00 horas a 19.30 horas.

Ademais, tamén está aberta a oficina de información turística que se atopa no paseo de Santa Cristina de mércores a sábado de 10.00 horas a 14.00 horas horas e de 16.00 horas a 19.30 horas.

A Aula do Mar é a porta de entrada ao Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes, e consta dunha serie de salas nas que se explica a vida mariña e as senlleiras características naturais e xeográficas desta interesante zona do Arco Ártabro desde a que se divisan as bocas das rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, a illa da Marola e o treito de costa entre Sisargas e Prior.

A aula ocupa o privilexiado edificio da casa do fareiro, construído sobre os cantís entre os dous faros que permiten acceder ao porto da Coruña marcando camiños de luz para os grandes barcos. A súa azotea é un dos miradoiros máis apreciados de todo o Arco Ártabro, xa que se sitúa na súa parte central.

0.19511604309082