O Concello de Miño substitúe a varanda da rúa Hermo para mellorar a seguridade dos peóns

O Concello de Miño completou recentemente a substitución da varanda da rúa Hermo, unha actuación necesaria debido ao mal estado da estrutura anterior, que presentaba un importante deterioro co paso do tempo. A vella varanda, que xa non garantizaba a seguridade, estaba a supoñer un risco para os peóns que circulaban pola zona.
Con esta renovación, o Concello de Miño reitera o seu compromiso coa conservación e modernización do mobiliario urbano, asegurando que as infraestruturas públicas se manteñan en boas condicións e ofrezan as mellores garantías aos cidadáns.
A nova varanda instalada é de ferro galvanizado en quente, un material máis resistente e seguro que a estrutura anterior. Este tipo de material tamén requirirá menos mantemento, o que facilita a súa conservación a longo prazo. Esta actuación na rúa Hermo únese á recente renovación das varandas na rúa Raxel, dentro da estratexia do Concello para mellorar a seguridade e o aspecto das vías públicas do municipio.