O Concello de Miño renova a pasarela de madeira da praia da Alameda

O Concello de Miño vén de acometer a reparación integral da pasarela de madeira que conecta a praia da Alameda coa zona de ponte do Porco. A iniciativa, impulsada pola administración municipal, ten como obxectivo garantir a seguridade dos viandantes e manter en bo estado esta infraestrutura que registra un tránsito elevado ao longo de todo o ano.
A intervención consistiu na substitución de 150 táboas, 30 piares e un número equivalente de durmientes, ademais da renovación dalgúns tramos da estrutura que presentaban desgastes e lesións debido ao paso do tempo e ás condicións meteorolóxicas adversas. Para rematar, está prevista a colocación dunha malla do tipo „trek net“, coa finalidade de evitar resbalóns e mellorar a accesibilidade.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, sinalou que a actuación era “inevitable nun trecho moi transitado ao longo de todo o ano, especialmente dende que se conectou a Senda dos Sentidos con esta pasarela”. Engadiu que a súa reparación era necesaria para “garantir a seguridade e mellorar a accesibilidade” na zona.