O Concello de Miño procurará a pavimentación e separación de pluviais na Rúa da Igrexa

ACoruñaXa
Será unha das cuestións do próximo pleno no que se presentará a proposta do Plan Único 2025 da Deputación
Rúa-Igrexa-1-minho
31 Jan 2025

O goberno local de Miño presentará no pleno do 6 de febreiro, a proposta do Plan Único 2025 da Deputación da Coruña, no que ten asignados un total de 602.249,04 euros que pretende destinar a investimentos e a sufragar gasto corrente.

O Plan Único de Cooperación ás Obras e Servizos, que achega 522.993,31 euros, utilizarase na súa totalidade para financiar gasto corrente. Ademais, tamén se tratará no pleno a aprobación do Plan Complementario provincial, no que o goberno local inclúe un proxecto, valorado en 79.255,73 euros para a pavimentación e separación de pluviais na Rúa da Igrexa.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, valora a natureza do Plan Único da Deputación, "que nos permite destinar os cartos para crear ou mellorar as infraestruturas que nós cremos máis convenientes, ademais de supoñer unha gran axuda para o funcionamento normal do Concello".

0.14828109741211