O Concello de Miño organiza unha excursión cultural ao Cabo Ortegal e o banco de Loiba

O Concello de Miño pon en marcha unha nova iniciativa cultural cunha excursión programada para o próximo sábado 15 de marzo, dirixida especialmente a persoas maiores de 55 anos empadroadas no municipio. Esta actividade busca fomentar o turismo e a convivencia entre a veciñanza a través da visita a enclaves paisaxísticos de gran interese.
A xornada comezará ás 8.30 horas, con saída desde a Rúa do Mercado. O itinerario inclúe visita ao banco de Loiba, tempo libre en Ortigueira, comida en Casa Rodrigo, visita ao Cabo Ortegal e tempo libre en Cedeira. A chegada de regreso a Miño está prevista para as 20.30 horas aproximadamente.
O prezo da actividade é de 8 euros para o transporte en autobús, mentres que a comida terá un custo de 18 euros por persoa. As inscricións realizaranse na Oficina de Turismo de Miño desde o 6 ao 13 de marzo ou ata que se esgoten as prazas dispoñibles.