O Concello de Miño organiza unha excursión a Taramundi

O Concello de Miño organiza unha excursión á localidade asturiana de Taramundi o próximo 23 de outubro. A saída está prevista ás 08.30 horas desde a rúa do Mercado, e o prezo do transporte en autobús será de 8 euros.
Durante a visita, os participantes poderán coñecer unha queixería artesanal, degustar unha comida típica asturiana no restaurante Casa Petronila por 20 euros e dispoñer de tempo libre para pasear e visitar a localidade. O regreso a Miño está estimado arredor das 21.00 horas.
O prazo de inscricións abre o 14 de outubro e permanecerá aberto ata o luns 20 de outubro. As persoas interesadas poderán anotarse na Oficina de Turismo de Miño, podendo cada participante inscribir a un máximo de catro persoas. Terán prioridade as persoas maiores de 55 anos empadroadas en Miño.