O Concello de Miño licita a renovación de 19 viales con unha inversión de 234.000 euros

ACoruñaXa
As actuacións abranguen camiños en Miño, Bemantes, San Xoán, Castro, Carantoña, Leiro e Callobre; proxectos complementarios en Perbes saírán a licitación en breve, pendentes de autorizacións de ADIF
MIÑO mellora caminos
24 Sep 2025

O Concello de Miño acaba de publicar no perfil do contratante a licitación de diversos proxectos co fin de renovar 19 viales nas parroquias do municipio. O investimento total previsto nas actuacións acada 234.000 euros e pretende mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e o mantemento das vías rurais.

Entre os camiños que se intervirán figuran dúas vía en A Torre, o tramo da AC-160 á ETAP, o camiño do Centro de Día á AC-160, o treito en A Viña detrás da igrexa de San Xoán, o entorno da igrexa de San Xoán, o tramo de Couto a Rego de Andel (DP-4802), a vía en Buíña, a que discorre fronte á igrexa de Carantoña, a vía en Currás (Castro), o enlace de entre camiños a Chao do Monte en Carantoña, o camiño en Coído (Leiro), o tramo en Ansimonde (Bemantes) e varios treitos na parroquia de Callobre, entre os que se inclúen A Brea, Barbeita, Vigo de Arriba, Vigo de Abaixo (praza), Cachufeira e A Graña (desde a casa rural ata a DP-0906).

Ademais destas actuacións, está prevista a saída a licitación, en datas próximas, dun paquete de asfaltados na parroquia de Perbes valorado en 48.000 euros. Este paquete inclúe o camiño de baixada a Fonte da Leira, o tramo de Pena de Abaixo a Cruz, o treito en Bollo e a vía paralela á liña do tren desde Nigrofe a San Xoán. Estas intervencións en Perbes quedarán supeditadas ás autorizacións que debe emitir ADIF.

O Concello sinala que as obras buscan mellorar a conectividade entre núcleos, facilitar o acceso a servizos e potenciar a seguridade viaria en camiños de titularidade municipal. Os proxectos saen a contratación coa intención de comezar os traballos tan pronto como se resolvan os procedementos administrativos e se formalicen as adxudicacións.

Para máis información sobre os prazos de licitación, documentación técnica ou condicións de contratación, as empresas interesadas e a veciñanza poden consultar o Perfil do Contratante do Concello de Miño ou dirixirse aos servizos municipais.

⚙ Configurar cookies
0.10769295692444