O Concello de Miño lanza unha bolsa de emprego de auxiliar administrativo de biblioteca

ACoruñaXa
Este procedemento permitirá a contratación de persoal temporal ou o nomeamento de funcionarios interinos
biblioteca-minho
17 Mar 2025

O Concello de Miño anunciou a apertura do prazo para presentar solicitudes para participar no proceso selectivo destinado á creación dunha bolsa de emprego na categoría profesional de auxiliar administrativo de biblioteca. Este procedemento permitirá a contratación de persoal temporal ou o nomeamento de funcionarios interinos en caso de necesidade, co obxectivo de garantir o correcto funcionamento dos servizos bibliotecarios municipais.

Os aspirantes deberán cumprir cos requisitos establecidos na convocatoria, entre eles, posuír o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e un nivel acreditado de coñecemento da lingua galega (CELGA III ou equivalente).

O proceso selectivo realizarase mediante un sistema de concurso-oposición, no que se evaluarán tanto as competencias teóricas e prácticas dos candidatos como a súa experiencia e formación específica no ámbito das bibliotecas.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da súa sede electrónica ou por calquera das vías establecidas na normativa vixente. O prazo de inscrición estará aberto durante dez días hábiles a partir de hoxe.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar as bases completas na sede electrónica do Concello de Miño ou contactar a través do correo electrónico correo@concellodemino.gal.

⚙ Configurar cookies
0.31052613258362