O Concello de Miño lanza o seu programa de actividades para o Entroido 2025

ACoruñaXa
Combinará concurso de disfraces, verbena e xogos interxeracionais para os máis pequenos
entroido-miño
20 Feb 2025

O Concello de Miño lanza a programación de actividades para o Entroido, con opcións para todos os gustos e idades, e na que destaca o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán un total de 1.200 euros en premios.

Os eventos darán inicio o sábado 1 de marzo co concurso de disfraces, que rematará ás 22.30 horas coa verbena, amenizada pola orquestra Miramar. No descanso da orquestra entregaranse os premios do concurso de disfraces, que repartirán 1.200 euros en galardóns en dúas categorías: A, de unha a tres persoas; e B, de catro persoas en diante. As inscricións poden formalizarse no correo electrónico cultura.deportes@concellodemino.gal ou na propia verbena.

Os nenos serán os protagonistas da xornada do domingo 2 de marzo. Ás 17.30 horas celebrarase a Festa Infantil, na que haberá xogos interxeracionais, animación, bailes e moita música.

0.16535401344299