O Concello de Curtis prepárase para celebrar o Entroido 2025 con festa, obradoiros e premios

ACoruñaXa
Un dos pratos fortes será o concurso de disfraces, no que se repartirán un total de 1.800 euros
entroido-curtis
20 Feb 2025

O Concello de Curtis celebrará o Entroido 2025 cunha completa programación que inclúe festas, concursos e actividades para todas as idades. As celebracións comezarán o luns 3 de marzo con multiobradoiros de entroido, que terán lugar ás 11.00 horas no salón do Recinto Feiral de Curtis e no salón do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro.

A festa grande será o martes 4 de marzo a partir das 17.00 horas, no pavillón de Teixeiro e no Recinto Feiral de Curtis. Un dos pratos fortes da xornada será o concurso de disfraces, no que se repartirán un total de 1.800 euros en premios. O xurado valorará especialmente a elaboración propia dos disfraces e o uso de materiais reciclados.

A participación en todas as actividades require inscrición previa, que debe formalizarse antes do 27 de febreiro nas dependencias municipais. O Concello anima á veciñanza a sumarse a esta festa chea de cor, creatividade e diversión. As bases completas da programación están dispoñibles nos espazos municipais habituais.

0.16350603103638