O Concello de Curtis oferta un curso de formación en carretilla elevadora

ACoruñaXa
Co fin de ampliar coñecementos nunha competencia cada vez máis demandada no sector loxístico e industrial
CURSO-CARRETILLERO
29 Jan 2025

O Concello de Curtis oferta un curso de carretilla elevadora, dentro do seu compromiso coa formación e a empregabilidade. Terá lugar o vindeiro venres 14 de marzo no Polígono Industrial de Teixeiro. A formación impartirase en horario de 15.00 a 21.00 horas e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa cualificación no manexo deste tipo de maquinaria.

Indican desde o goberno municipal que este curso é unha oportunidade para obter coñecementos teóricos e prácticos sobre o uso seguro e eficiente da carretilla elevadora, unha competencia cada vez máis demandada no sector loxístico e industrial.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co servizo de orientación laboral do Concello de Curtis a través do teléfono 981 789 003, extensión 2037.

 

0.15306401252747