O Concello de Curtis aproba un orzamento de 6,4 millóns de euros para 2025

O Concello de Curtis vén de aprobar o orzamento municipal para o ano 2025, que ascende a 6,4 millóns de euros, o que supón un incremento do 7 % respecto ás contas de 2024. O documento saíu adiante co voto a favor do PP e coa abstención do BNG.
Segundo se destacou, o novo orzamento inclúe un aumento do 15 % nos investimentos reais, así como un incremento do 16 % nos servizos públicos. Tamén se reforza a protección social e prevese unha suba do 42 % nos ingresos por transferencias.
Xunto coas contas para o vindeiro exercicio, tamén foi aprobado por unanimidade o Plan Económico-Financeiro 2025-2026, co obxectivo de garantir a estabilidade orzamentaria do Concello durante os próximos anos.