O Concello de Culleredo publica as persoas admitidas para a bolsa de emprego de administrativos

ACoruñaXa
Segundo informa o propio Concello, un total de 292 persoas foron finalmente admitidas no proceso
Casa do Concello de Culleredo
20 May 2025

O Concello de Culleredo vén de facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o posto de administrativo de administración xeral, pertencente ao subgrupo C1 e mediante sistema de oposición libre.

A creación desta bolsa permitirá ao Concello realizar nomeamentos interinos en casos como baixas temporais dos titulares dos postos.

Segundo informa o propio Concello, un total de 292 persoas foron finalmente admitidas no proceso. Pola súa banda, 13 aspirantes quedaron excluídas por non cumprir cos trámites ou cos prazos establecidos.

O seguinte paso do proceso será a realización das probas selectivas, que terán lugar o vindeiro 19 de xuño ás 17.00 horas nas instalacións da Universidade Laboral. Estas probas servirán para establecer a orde de prelación das persoas aspirantes na bolsa de emprego.

⚙ Configurar cookies
0.17311978340149