O Concello de Culleredo organiza unha excursión cultural e de lecer a Lugo o 24 de agosto

ACoruñaXa
A actividade inclúe visita á cidade, comida nun restaurante, entrada ao Museo Provincial e un baile, con saída desde distintas parroquias
CULLEREDO excursión lugo
8 Aug 2025

O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Maiores, prepara unha nova saída cultural para o domingo 24 de agosto, cun total de 100 prazas dispoñibles. A excursión está dirixida a persoas maiores empadroadas, aínda que poderán participar tamén persoas non empadroadas se quedan prazas libres. O prazo para anotarse estará aberto do 8 ao 18 de agosto, con prioridade para os empadroados ata o día 14. As reservas faranse de forma presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ou chamando ao 981 66 55 97 en horario de mañá.

A actividade inclúe o desprazamento en autobús con saída desde diferentes puntos do municipio, unha visita á cidade de Lugo e ás súas murallas, a entrada ao Museo Provincial e unha ruta pola vila. Como colofón, haberá un xantar no restaurante “Torre de Núñez” seguido dun baile para amenizar a tarde.

O custo total da actividade divídese entre o transporte e o paquete de xantar e visitas. O prezo do autobús será de 13 euros, con tarifa reducida de 10 euros para colectivos como persoas empadroadas, familias numerosas, persoas con discapacidade ou inscritas como demandantes de emprego. O prezo da comida, visita ao museo e baile será de 37 euros, que se aboarán o mesmo día da excursión directamente á guía.

 

⚙ Configurar cookies
0.19318509101868