O Concello de Culleredo organiza un campamento urbano durante a Semana Santa

ACoruñaXa
Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitar a conciliación familiar
Campamentos-culleredo
15 Mar 2025

O Concello de Culleredo organizará un campamento urbano durante a próxima Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. A iniciativa terá lugar os días 14, 15, 16 e 21 de abril no CEIP Vila de Rutis, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean matriculados en Educación Infantil ou Primaria, e contará con 100 prazas dispoñibles. Terán preferencia aquelas persoas empadroadas en Culleredo que necesiten deste servizo para facilitar a súa conciliación laboral e familiar. Ademais, o Concello ofrecerá servizos complementarios de xantar e almorzo para os participantes.

Bajo o título "O misterio da chave perdida", a temática do campamento girará en torno a xogos de misterio e enxeño baseados na mitoloxía, co obxectivo de atopar as catro chaves perdidas que abren as portas do "Reino Culler".

O proceso de preinscrición comezará este luns, 17 de marzo, e finalizará o venres 21. As persoas interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas deberán facelo a través dun formulario que estará dispoñible na páxina web municipal, onde tamén poderán consultar as normas do campamento e máis información.

Penélope López, concelleira de Cultura, destacou que "ademais de ofrecer un servizo de conciliación durante a Semana Santa, brindamos aos nenos e nenas de Culleredo a posibilidade de pasar unhas vacacións diferentes e divertidas, con actividades de ocio educativo". A edila tamén subliñou que este tipo de programas "axudan a desenvolver as habilidades sociais dos máis pequenos".

Este campamento urbano, que combina a diversión e a aprendizaxe, ofrece unha excelente oportunidade para que as familias de Culleredo gocen dunha Semana Santa diferente, mentres os máis pequenos disfrutan de actividades adaptadas ás súas idades.

⚙ Configurar cookies
0.39432883262634