O Concello de Culleredo apagará espazos municipais pola Hora do Planeta

O Concello de Culleredo participará este sábado 22 de marzo na iniciativa global Hora do Planeta, promovida por WWF, para chamar a atención sobre o cambio climático a través dun xesto simbólico. Durante unha hora, de 20.30 a 21.30 horas, dous espazos municipais permanecerán apagados en apoio a esta acción internacional.
En O Burgo apagarase un tramo do paseo marítimo no entorno da ponte romana, mentres que en Vilaboa quedará sen iluminación a praza da igrexa.
Con esta medida, o Concello de Culleredo únese a milleiros de entidades, institucións e empresas de todo o mundo que buscan visibilizar a urxencia de protexer o planeta A campaña deste ano leva por lema "Apaga a luz Defende o planeta", destacando a importancia de reducir o consumo enerxético para un futuro máis sostible.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, anima á veciñanza a sumarse á iniciativa reducindo o consumo eléctrico durante esa hora para fortalecer a mensaxe de compromiso co desenvolvemento sostible e a conservación da biodiversidade.