O Concello de Coirós formaliza un convenio de apoio co Coirós SD

O Concello de Coirós vén de asinar un convenio de colaboración co Coirós Sociedade Deportiva, entidade que este ano estreará a súa participación na Terceira Futgal. A través deste acordo, a administración local busca respaldar o deporte de base e consolidar un proxecto que representa ao municipio no ámbito futbolístico autonómico.
Dende o goberno municipal destacan que esta colaboración supón tamén unha aposta pola formación da mocidade e pola difusión de valores vinculados á vida activa e á saúde. Ademais, remarcan que o deporte constitúe un elemento de cohesión social e de orgullo colectivo.
O Concello trasladou os seus parabéns e desexos de éxito ao Coirós SD nesta nova etapa, subliñando que o esforzo e a ilusión do equipo son un motivo de satisfacción para toda a veciñanza.