O Concello de Coirós denuncia un vertido ilegal de residuos en Armea

ACoruñaXa
Foron os veciños os que alertaron da situación desta parcela situada na parte posterior da igrexa
lixo-coiros
25 Feb 2025

O Concello de Coirós presentou unha denuncia ante a Garda Civil de Betanzos polo vertido incontrolado de residuos nunha parcela situada na parte posterior da igrexa de Armea. Foron os propios veciños da zona quen deron a voz de alarma tras detectar un importante volume de materiais de refugallo, entre os que se atopaban plásticos, caixas de cartón e mobles de cociña. Todo parece indicar que os desperdicios proceden dunha reforma doméstica.

O punto afectado atópase moi próximo ao límite entre os concellos de Coirós e Betanzos, conectado por medio do camiño de Armea.

O alcalde de Coirós, Francisco Quintela, quixo agradecer publicamente a colaboración cidadá e animou a toda persoa que poida achegar información útil para identificar os responsábeis a que contacte co Concello ou coa Garda Civil. "A seguranza das persoas e o respecto polo medio natural son prioridades fundamentais para o Concello de Coirós", subliñou Quintela.

⚙ Configurar cookies
0.23715901374817