O Concello de Carral organiza un curso de primeiros auxilios para a veciñanza

O Concello de Carral ofrece un curso de primeiros auxilios dirixido á cidadanía, co obxectivo de formar ás persoas participantes na actuación ante situacións de emerxencia sanitaria. A formación permitirá adquirir coñecementos esenciais para afrontar unha primeira intervención que pode ser clave para salvar vidas.
O curso desenvolverase en dúas sesións, que terán lugar os luns 31 de marzo e 7 de abril, na segunda planta do edificio Toñito Espiñeira. O horario será de 16.00 a 18.30 horas.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do mércores 26 de marzo. O Concello anima á veciñanza a aproveitar esta oportunidade para aprender técnicas básicas que poden marcar a diferenza en situacións críticas.