O Concello de Carral organiza un curso básico de uso de teléfono móbil para adultos

ACoruñaXa
As sesións terán lugar os luns do mes e desenvolveranse en diferentes franxas horarias segundo a parroquia
OFERTA-NAVIDAD-ADAMO-home-mobil-telefono
26 Feb 2025

O Concello de Carral celebrará no mes de marzo un curso básico de uso de teléfono móbil dirixido a persoas adultas. As sesións terán lugar os luns do mes e desenvolveranse en diferentes franxas horarias segundo a parroquia.

As clases comezarán o luns 10 de marzo e rematarán o día 31. En Carral, as sesións formativas realizaranse no edificio social Toñito Espiñeira, mentres que nas parroquias terán lugar nos respectivos locais sociais. O horario en Carral e en San Vicente será de 9.30 a 10.30 horas; en Cañás, de 11.00 a 12.00 horas; en Barcia, de 12.30 a 13.30 horas; e en Tabeaio, de 11.00 a 12.00 horas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 678 338 872.

 

⚙ Configurar cookies
0.70850992202759