O Concello de Carral celebrará un pleno extraordinario para formalizar a dimisión de Susana Guimarey

ACoruñaXa
Este proceso permitirá completar a substitución na corporación municipal
concello carral
11 Mar 2025

O Concello de Carral traslada que celebrará un pleno extraordinario no que se dará conta da dimisión da concelleira Susana Guimarey. A sesión terá lugar nun prazo de dez días desde a notificación da renuncia, presentada pola edil o pasado 7 de marzo.

A convocatoria deste pleno é un trámite necesario para oficializar a dimisión de Guimarey. Unha vez celebrado, a notificación será trasladada á xunta electoral de zona, que será o organismo encargado de formalizar a baixa e dar luz verde á designación do novo concelleiro ou concelleira de Alternativa dos Veciños.

Este proceso permitirá completar a substitución na corporación municipal e garantir a continuidade da representación do grupo político no Concello.

⚙ Configurar cookies
0.59391093254089