O Concello de Cambre reclama máis diálogo na tramitación da Vía Ártabra

ACoruñaXa
A alcaldesa María Pan esixe á Xunta consenso para definir o trazado da Vía Ártabra
A concelleira María Pan é a nova candidata de UxC a alcaldía do municipio
18 Mar 2025

A alcaldesa de Cambre, María Pan, reivindicou ante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) a necesidade de establecer un maior consenso e diálogo na tramitación da Vía Ártabra. A rexedora trasladou esta petición nunha reunión mantida co director da AXI, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo, Obras, Servizos, Transporte e Medio Ambiente, Juan Leirós, e o edil de Alternativa dos Veciños, Manuel Castro Uzal

O encontro celebrouse tras múltiples solicitudes por parte do Concello e permitiu constatar que a Xunta segue apostando polo enlace en A Gándara. Pan lamentou esta postura, cualificándoa de inmobilista, xa que se mantén a pesar de que dous xuíces tombaron tanto a proposta de trazado como o proxecto construtivo. A alcaldesa agradeceu a celebración da reunión, pero insistiu en que o Concello seguirá defendendo a necesidade de que a Xunta sente cos municipios afectados para propoñer tres alternativas de trazado, tal e como esixe a normativa.

Desde hai anos, o Concello de Cambre aposta por unha Vía Ártabra con enlace en Catro Camiños (Cecebre) e libre de peaxes. A AXI, con todo, rexeitou esta opción argumentando que non obtería o visto bo do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable. Con todo, Pan destacou que o Ministerio non emitiu ningún informe que indique a inviabilidade desta proposta, polo que considera que agora é o momento axeitado para estudar todas as alternativas posibles e contar con todos os axentes implicados na toma de decisións.

A alcaldesa avoga por un encontro no que participen representantes de todos os concellos afectados e da Xunta de Galicia, co obxectivo de analizar as distintas opcións e remitilas ao Ministerio para o seu estudo e avaliación.

Unha loita histórica

O Goberno local leva anos defendendo que a Vía Ártabra debe artellarse en base a tres piares fundamentais cohesión social medio ambiente e dinamización empresarial.

Na vertente social o Plan Sectorial de 2004 concibía a Vía Ártabra como unha estrada libre de peaxes e con conexión en Catro Camiños mais o enlace en A Gándara beneficiaría unicamente a unha parte da área metropolitana deixando de lado a cohesión territorial.

No ámbito medioambiental o Concello alertou en múltiples ocasións do impacto que tería a proposta autonómica afectando non só ao humidal de A Gándara senón tamén á ría do Burgo.

Desde o punto de vista económico o trazado promovido pola Xunta illaría Cambre con respecto ao resto da comarca mentres que a opción defendida polo Concello melloraría a conectividade dos polígonos industriais da zona e favorecería a creación de actividade económica e emprego. Segundo o goberno local non ten sentido unha Vía Ártabra que non conecte coa A-6 e que non funcione como un nexo de unión entre os polígonos e o Porto Exterior

Outro dos asuntos abordados no encontro foi a execución do Vial 11-17 unha infraestrutura fundamental para mellorar a mobilidade na comarca e reducir os problemas de tráfico na Costa da Tapia. O Concello presentou unha alegación ao proxecto debido ao impacto ambiental que tería sobre os regatos de San Pedro e San Marcos subliñando a necesidade de garantir a continuidade dos corredores ecolóxicos tal e como establece o Plan de Ordenación do Litoral.

Como alternativa á pantalla acústica inicialmente prevista o Concello propuxo a instalación de pivotes unha modificación que permitiría minimizar o impacto ambiental. Durante a reunión a alcaldesa confirmou que o Goberno local apoiará a execución do Vial 11-17 sempre que se realice esta modificación no proxecto

⚙ Configurar cookies
0.58520913124084