O Concello de Cambre oferta 70 prazas nos obradoiros infantís de Entroido

ACoruñaXa
As actividades desenvolveranse nos días 12 e 14 de febreiro durante o período estival nos colexios.
cambre obradoiros entroido
24 Xan 2024
O Concello de Cambre abre o prazo de solicitude do programa de conciliación 'Obradoiros e xogos no Entroido'. Deste xeito ponse en marcha un novo programa de actividades para os máis cativos durante as vacacións de Entroido os días 12 e 14 de febreiro. A iniciativa está dirixida a alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e de 1º da ESO.
O programa contará cun máximo de 70 prazas. A maiores, poderíanse poñer en marcha outros servizos complementarios (almorzo, actividades, comida e transporte) a condición de que se alcance o número mínimo de solicitudes para cada prestación.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude e a documentación necesaria ata o día 31 de xaneiro a través da sede electrónica do Concello ou en calquera dos rexistros de entrada.

 

0.11978912353516