O Concello de Cambre acolle un curso de monitor/a de tempo libre

Comeza no Concello de Cambre o curso de monitor/a de tempo libre que organiza a OMIX CAMBRE dentro do seu programa 'Trans-formate'.
A formación consiste en que o alumnado aprenderá nocións básicas de pedagoxía, psicoloxía, primeiros auxilios, animación, entre outras moitas.
O concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude, Óscar Barrientos, e o técnico de Xuventude déronlle a benvida aos participantes.