O Concello de Betanzos recoñece a dez empresarias co Distintivo Muller Emprendedora 2024

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presidiu o acto de entrega do Distintivo Muller Emprendedora 2024, un recoñecemento que chega á súa sétima edición e que premia a mulleres que abriron novos negocios ou asumiron a titularidade de establecementos xa existentes ao longo deste ano.
A iniciativa enmárcase dentro dos actos do Mes da Muller, con motivo da celebración do 8M, e busca visibilizar o esforzo e a contribución das mulleres ao tecido empresarial local.
Nesta edición, os galardóns recaeron en dez establecementos de distintos sectores, como o lecer infantil, a logopedia, o benestar, a saúde, a estética e a perruquería, así como a hostalaría e a industria hoteleira. Os negocios recoñecidos foron: Parque Infantil Mundo Máxico, Silabea Centro de Logopedia, Eme Benestar, Lucía Sesto Centro Láser, Betanzos Nails, Perruquería Ana, Taberna O Globo, Café Bar Á Túa Beira e Pensión A Plaza Betanzos.
O acto de entrega tivo lugar onte e serviu para poñer en valor o emprendemento feminino en Betanzos, destacando a importancia de apoiar e impulsar o liderado das mulleres no mundo empresarial.