O Concello de Betanzos inicia unha campaña de limpeza de beirarrúas en estradas autonómicas

O Concello de Betanzos pon en marcha unha campaña de limpeza de beirarrúas en estradas de titularidade autonómica, tras numerosas peticións dirixidas á Xunta de Galicia por parte dos veciños e do propio Concello.
Os traballos de limpeza deron comezo en Guiliade, Montellos e Infesta, centrándose en vías onde existen beirarrúoas baixo a titularidade do organismo autonómico. A actuación busca mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade nestas zonas, eliminando vexetación e residuos acumulados ao longo do tempo.
O programa estenderase proximamente a outras áreas do municipio, incluíndo San Martiño de Tiobre, Castro e Piadela, ademais de tramos urbanos onde sexa necesario abordar a limpeza para garantir un espazo público en boas condicións.