O Concello de Betanzos acolle unha conferencia sobre a axuda da cidade á Coruña en 1589

O vindeiro venres, 7 de febreiro, ás 20.00 horas, o Salón Azul do edificio Arquivo, será o escenario da conferencia '1589: Betanzos en ayuda de La Coruña'. A charla será impartida polo historiador e escritor Luis Gorrochategui Santos, quen abordará o papel que xogou Betanzos na defensa da cidade da Coruña fronte á invasión da Armada Inglesa.
A conferencia, deseñada e organizada pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita, coa colaboración do Concello de Betanzos, busca poñer en valor este episodio histórico e divulgar o contexto no que a cidade brigantina prestou o seu apoio á resistencia coruñesa. A conferencia está aberta ao público e pretende achegar aos asistentes unha visión documentada e rigorosa dos feitos acontecidos en 1589. Poderán asistir ata completar aforo.
Desde o Concello de Betanzos animan á cidadanía a asistir a esta charla, que permitirá afondar no pasado da vila e a súa relevancia histórica dentro de Galicia.