O Concello de Bergondo licita as obras para mellorar a rede de pluviais en Pisón

ACoruñaXa
O proxecto, con un orzamento de 35.504 euros, busca solucionar os problemas de escorrentía que afectan aos veciños e veciñas da aldea
rede-de-pluviais-no-núcleo-de-Pisón-en-Bergondo
16 Jul 2025

O Concello de Bergondo puxo en concurso as obras de mellora da rede de pluviais no núcleo de Pisón, unha demanda histórica das persoas residentes que sofren problemas de escorrentía especialmente en épocas de choiva.

O proxecto, valorado en 35.504 euros, pretende crear unha rede de pluviais propiamente dita, xa que actualmente só existen varios tubos de formigón en puntos concretos para dar continuidade ás cunetas nos márgenes da vía que atraviesa a localidade.

O plan inclúe a execución dun colector principal ao que se conectarán os elementos de drenaxe mediante arquetas, ademais da renovación das zonas da estrada afectadas polas obras. O prazo estimado para completar estes traballos é de dous meses desde o seu inicio.

O goberno local destacou que “a prioridade é mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio, dando resposta a unha demanda reiterada coa instalación dunha rede de pluviais en condicións que poida acabar cos problemas de escorrentía durante os períodos de choiva máis intensa”.

⚙ Configurar cookies
0.16060304641724