O Concello de Bergondo celebrará a súa primeira ‘Festa da Familia’ o 9 de agosto en Lubre

ACoruñaXa
A festa incluirá xantar popular e pechará cunha animada sesión de festa da escuma e polvos Holi
familia-berg
25 Jul 2025

O Concello de Bergondo organiza o vindeiro sábado 9 de agosto a primeira edición da Festa da Familia, unha xornada pensada para todos os públicos que terá lugar nas pistas polideportivas da área recreativa de Lubre. O evento comezará ás 11 da mañá e incluirá unha comida popular, ademais de actividades durante todo o día.

A organización habilitará mesas para os grupos que desexen comer alí, podendo traer a súa propia comida ou adquirir racións nos postos de polbo e churrasco que estarán dispoñibles. Para garantir sitio, é preciso inscribirse entre o 28 e o 31 de xullo a través dun formulario web ou chamando ao 981 791 252 (extensión 7), indicando o número exacto de persoas asistentes. O único requisito é que a persoa que faga a reserva estea empadroada no municipio.

Ao longo da xornada, de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas, haberá xogos tradicionais, obradoiros, actuacións musicais e de monicreques. A festa pechará cunha animada sesión de festa da escuma e polvos Holi.

Dende o Goberno local convidan a veciñanza e visitantes a participar neste novo encontro: “familia, grupos de amigos ou persoas que veñan de visita, queremos que sexa un evento interxeracional”. Ademais, destacan que “a área recreativa de Lubre é un lugar perfecto para celebralo porque conta co equipamento necesario: unha zona cuberta, baños, parque infantil, parrillas…”.

 

⚙ Configurar cookies
0.17389702796936