O Concello de Arteixo solicita á Deputación a solución dos problemas na estrada DP-0503

ACoruñaXa
Trátase da estrada que comunica Pastoriza con Suevos
Fotografía da Casa do Concello de Arteixo
31 Mar 2025

O Concello de Arteixo informou de que a Deputación de A Coruña aprobou o pasado venres o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-0503 ao seu paso polo núcleo de Suevos. Esta decisión chega despois de que en xaneiro de 2024 se realizase a última solicitude formal para a súa mellora.

O proxecto conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros, dos cales 1,6 millóns destinaranse á execución dos traballos e 310.000 euros ás expropiacións necesarias. As obras realizaranse entre os quilómetros 1,000 e 2,100 da vía, tramo que conecta o lugar de Bordeiras co porto de Suevos.

Entre as melloras planificadas inclúense: un novo trazado para a estrada; carrís de tres metros de ancho no tramo do núcleo rural e de 3,5 metros unha vez superado este; sendas peonís en ambas as marxes ao longo do núcleo de Suevos; zonas de aparcamento para mellorar a accesibilidade e seguridade da zona; este proxecto busca ofrecer unha infraestrutura máis segura e adaptada ás necesidades de mobilidade da veciñanza, garantindo unha circulación máis fluíka e segura tanto para peóns como para condutores.

 

⚙ Configurar cookies
0.1702709197998