O Concello de Arteixo saca a licitación o contrato das obras para rehabilitar o Balneario

ACoruñaXa
O obxectivo desta actuación é dotar dun edificio adecuado para o uso e goce das augas mineromedicinais
balneario-arteixo
12 Mar 2025

O Concello de Arteixo vén de anunciar que saca a licitación o contrato das obras para a rehabilitación do Balneario, cun orzamento total de 2,8 millóns de euros. Esta iniciativa enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGeneration.

Expoñen nunha publicación en redes sociais que segundo o convenio establecido con Turismo de Galicia, a Xunta achegará 2 millóns de euros para a execución do proxecto, mentres que o restante será financiado con fondos municipais.

O obxectivo principal desta actuación é dotar ao Concello dun edificio adecuado para o uso e goce das augas mineromedicinais da zona. As novas instalacións converteranse en termas públicas abertas a todos os veciños, ofrecendo un servizo de benestar e lecer que potenciará o aproveitamento dos recursos termais do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.30607199668884